SINFÓNICA DE PONTEVEDRA

.png)
INFANTIL OSP
A Orquestra Infantil de Pontevedra, créase co obxectivo de formar e ilusionar a pequenos músicos de Galicia (entre 6 e 13 anos de idade) e conseguir que se desenvolvan persoal e profesionalmente, formando parte dunha agrupación musical e cultural dende nenos ata adultos.
Comeza a súa andaina no mes de setembro de 2017, realizando o seu primeiro concerto de presentación no mes de decembro do mesmo ano, baixo a batuta de Marta Souto Caride, con nenos e nenas que amosaron unha grande profesionalidade e no que puidemos augurar un magnífico futuro profesional e musical.
Coa pretensión de facer todo tipo de músicas, actuaron nos principais auditorios, museos e centros residenciais de Pontevedra, Concellos de Valga e Cambados; colaborando con institucións artísticas como o Coro Pontevedrés Luis García Limeses, Coral Polifónica de Pontevedra, Coro IES A Xunqueira e coas Asociacións Manos Unidas e AECC.
Dende a Orquestras Infantil ambicionamos fomentar os valores musicais de igualdade, entrega, traballo, ilusión e pertenza a un grupo, para lograr formar un equipo sólido e en continuo crecemento.
CALENDARIO
Sergio Heredia

Sergio Heredia| Director da OSP Infantil
"Parabéns a Sergio no meu nome, polo seu talento e talante, pola sabedoría e por como leva á rapazada cara algo tan complexo como se fose seguindo o curso dun río”.
Fina Casalderrey
Estuda violín en Murcia, San Petersburgo e Oviedo con Unnur Palsdottir, Tatiana Liberova y Yuri Nasushkin, respectivamente, e amplía a súa formación cos concertinos das mellores orquestras españolas e rusas do momento.
Actuou como solista con formaciones como a Orquesta de Jóvenes de la Región de Murcia, a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, a Sinfonieta de Vigo, a Banda de Música de Pontevedra ou a Banda de Música Municipal da Coruña.
Como violinista (barroco e moderno) e como director de xoves orquestras, grabou CDs, libro-CDs (Ed. Galaxia, Ed. Gaudia Música Antiga), para o cine e para medios como RTVE e RTVG. Además encarnou ao histórico violinista Manuel Quiroga na película “Castelao. De chumbo a verba”.
Colaborou con formaciones como Resonet, Sinfónica de Murcia, Orquestra Ciutat d’Elx, Sinfónica Ciudad de Oviedo, Real Filharmonía de Galicia ou a Sinfónica de Galicia.
Foi profesor do CSM Vigo e actualmente do Conservatorio "Manuel Quiroga". É tamén profesor invitado de violín no CSM Galicia.
Alumnos seus foron galardonados en concursos internacionales.