top of page
IMG-20171220-WA0060.jpg
logo def.png

XOVE OSP

A Orquestra Xove de Pontevedra, créase co obxectivo de formar e ilusionar a xoves músicos de Galicia (entre os 14 e os 26 años) e conseguir que se desenvolvan persoal e profesionalmente, formando parte dunha agrupación musical e cultural dende idade temprana ata adultos.


Comeza a súa andaina no mes de setembro de 2017, realizando o seu primeiro concerto de presentación no mes de decembro do mesmo ano, baixo a batuta de Sergio Heredia Cegarra, con mozos e mozas que mostraron unha grande profesionalidade e no que puidemos augurar un magnífico futuro profesional e musical, chegando a duplicar os seus compoñentes en menos de dous anos. 


Coa pretensión de facer todo tipo de músicas,  actuaron nos principais auditorios, museos e centros residenciais de Pontevedra,  Concellos de Valga e Cambados; colaborando con institucións artísticas como o Coro Pontevedrés Luis García Limeses, Coral Polifónica de Pontevedra, Coro IES A Xunqueira e coas Asociacións Manos Unidas e AECC.


Dende a Orquestra Xove ambicionamos fomentar na nosa xuventude os valores musicais de  igualdade, entrega, traballo, ilusión e pertenza a un grupo, para lograr formar un equipo sólido e en continuo crecemento.

CALENDARIO

Daniel Portas González

image.png

Daniel Portas González| Director da Xove OSP

Comeza os estudos musicais ós dez anos na Escola de Música da Banda Unión Musical de Meaño co mestre D. Manuel Lores Besada e posteriormente co mestre de trombón D. Luis Juncal Piñeiro mestre do conservatorio profesional de música de Pontevedra. No ano 1995 entra a formar parte como trombón solista da Banda de Música Municipal de Pontevedra.  Remata os seus estudos de grado medio e grado superior coa calificación de Premio de Honra. No ano 1997 entra a formar parte da X.O.G.A (Orquesta Xove de Galicia).
   
Foi membro fundador de varios quintetos de metais (quinteto de metais Santa Eulalia, quinteto de tubas de Galicia etc…).

En Xaneiro de 2003 obtivo o 3º premio de novos intérpretes organizado pola Federación de Bandas de Música de Vigo.

Estudou con profesores como: Jesús Juán de Oriola,     Juan Carlos Igea, Indalecio Bonet, Joaquín Viñedo Davó, Feliciano Morales Monteagudo, Ricardo Casero, Michel Bequet, Ruben Prades, Petur Eiriksson, Alberto Urretxo, Unai Urretxo, Francisco Rosario, Christian Limberg, Jay Friedman, Rex Martin, Scott Hartmann, James Markey etc…

Actualmente colabora con diversas orquestas de ámbito nacional como:
Orquesta Sinfónica de Castilla León, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Orquesta Sinfónica de Navarra, Orquesta Nacional de España, Orquesta Ciudad de Granada, Real Filarmonía de Galicia etc…
   
Asistiu a varios cursillos de dirección con mestres como Jan Cober, Marcel Van Bree, José Rafael Pascual-Vilaplana etc…


Dirixiu a Banda Xuvenil de Barro, onde acadou grandes éxitos (II Premio sección 3ª ano 2002 no Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra, II Premio sección 2ª ano 2003 no Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra, II Premio ano 2004 sección 1ª no Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra, II Premio no Certame De Bandas de Valencia no ano 2004, III Premio no Certame de Bandas Villa De Aranda del Duero (Burgos) no ano 2004 etc…).

En Xuño de 2007 actuou como director invitado coa  Banda Municipal de Música de Lalín nos concertos de Primavera que se celebra no Auditorio Municipal de Lalín.

En xullo de 2007 faise cargo da dirección da Banda Municipal de música de Caldas de Reis cargo que ocupa ata o ano 2016 neste período acada numerosos premios coa citada banda.
 
Foi dirixido por prestixiosos mestres como:
Juanjo Mena, Pedro Halfter, Maximino Zumalave, Antoni Ros Marbá, Jesús López Cobos, William Costello, Yoav Talmi, John Nechsling, Paul Daniel, Aldo Ceccato etc….

Actualmente e  trombón solista da Banda Municipal de Santiago de Compostela.


Dende 2012 e artista de trombón STOMVI

bottom of page