top of page

MULLERES E INSPIRACIÓN

A música clásica, como en calquera outra das artes, é inxusta cando o xénero, historicamente falando, é un factor determinante para non só limitar o éxito das creadoras, senón tamén para a transcendencia da súa obra artística posterior.


Hoxe, debemos poñer en valor composicións de inigualable nivel creativo, técnico e artístico que, de seguro, foi inspirador para moitos artistas de xénero masculino que contaban con este factor en prol, e que se non fora por esta circunstancia pasarían a ser obras consolidadas e primordiais no repertorio musical.

Mulleres e inspiración é unha  semana chea de concertos, exposicións e moito máis onde descubrir e gozar da música e das mulleres.

CONCERTOS DIDÁCTICOS

7 e 8 de marzo | 10.30 h e 12.00 h

Teatro Principal de Pontevedra

 

Dirixidos a escolares de Educación Infantil, Primaria e 1º e 2º ESO, onde descubrirán o papel da Muller na música ao longo da Historia.

 

Aforo cuberto e concertado cos centros escolares.

CINE E CONFERENCIA

 

Venres 10 de marzo | 20.00 h

Teatro Principal de Pontevedra

 

Proxeccion de Carne (2019), documental animado da directora Camila Kater. Conferencia con Chelo Loureiro (productora) e Sofía Oriana (compositora).

 


OBRADOIRO DE MÚSICA E CINE

Sábado 11 de marzo |  11.00 h e 12.00 h

Salón de Actos do Pazo da Cultura

 

Obradoiro destinado a nenos e nenas entre os 8 e os 12 anos, onde nos introduciremos nas melodías de filmes moi coñecidos a través da súa interpretación con instrumental Orff (instrumentos que non precisan de coñecementos musicais previos) facéndoo de xeito conxunto, ademais de coñecer e interpretar algunha das melodías que soarán no concerto da Orquestra Sinfónica de Pontevedra do domingo 12 de marzo.

CONCERTO MULLERES E INSPIRACIÓN

 

Domingo 12 de marzo | 19.00 h

Pazo da Cultura

 

O programa deste concerto, reúne no seu eixo central a posta en valor das mulleres e dos seus oficios relacionados coa música.


Así, destacamos a mulleres como Amy Beach, coa súa Sinfonía Gaélica, a primeira composta e interpretada por unha muller norteamericana.
E como non, a mulleres compositoras e talentosas da nosa época e contorna, como Sofía Oriana (Santiago de Compostela, 1989), Carme Rodríguez (Ribadeo, 1996) e Julia Dopico (Ferrol, 1967).


O programa deste concerto da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, contará, con Julia Dopico á bandurria e Judith Rey á frauta como solistas. Como directora contaremos coa portuguesa Renata Oliveira.

Mulleres e inspiracion Orquesta Sinfonica Pontevedra.jpeg

EXPOSICIÓN 
MULLERES E INSPIRACIÓN

Do 6 ao 31 de marzo 


Paseo Antonio Odriozola
Mulleres Compositoras Galegas

bottom of page